Wednesday, October 08, 2008

A ATM comeza os ensaios da nova montaxe


A ATM comezou o seis de outubro os ensaios da súa última montaxe baseada na novela Grupo Abeliano do escritor Xosé Cid Cabido. Unha obra que foi merecedora do premio Blanco Amor no ano 1999.
       A continuación publicamos unha reseña editorial sobre este traballo: 

En grupo abeliano Seis ou sete mozos circulan durante unha semana por diversos lugares equivalentes a calquera outros. Situados á marxe da sociedade, observan e interveñen. A súa vontade maniféstase con inusual potencia persuasiva, modifíca o comportamento das persoas, dilúe os conflictos. Os compoñentes do grupo, indiscernibles como individuos pola peculiar forma de narración, saben con certeza o que non queren. Prefiren evitar a condena de traballar para que outros vivan plenamente. E sobre todo, queren irse, non importa a onde, malia ser conscientes de que o mundo é igual en todas partes. A voz narradora de grupo abeliano distínguese pola súa memoria selectiva, o constante ton irónico e unha relativa imprecisión comenenciuda.


1 comment:

fpt said...

Bravo! Outra andaina máis. A ver si este ano consigo asistir. De seguro volveredes a facer un traballo magnífico coma sempre. Mandamos bicos e ánimo dende o exilio.