Wednesday, October 08, 2008

A ATM comeza os ensaios da nova montaxe


A ATM comezou o seis de outubro os ensaios da súa última montaxe baseada na novela Grupo Abeliano do escritor Xosé Cid Cabido. Unha obra que foi merecedora do premio Blanco Amor no ano 1999.
       A continuación publicamos unha reseña editorial sobre este traballo: 

En grupo abeliano Seis ou sete mozos circulan durante unha semana por diversos lugares equivalentes a calquera outros. Situados á marxe da sociedade, observan e interveñen. A súa vontade maniféstase con inusual potencia persuasiva, modifíca o comportamento das persoas, dilúe os conflictos. Os compoñentes do grupo, indiscernibles como individuos pola peculiar forma de narración, saben con certeza o que non queren. Prefiren evitar a condena de traballar para que outros vivan plenamente. E sobre todo, queren irse, non importa a onde, malia ser conscientes de que o mundo é igual en todas partes. A voz narradora de grupo abeliano distínguese pola súa memoria selectiva, o constante ton irónico e unha relativa imprecisión comenenciuda.


Tuesday, July 29, 2008

A Aula de Teatro Municipal de Pontevedra participou no acto de celebración con motivo da concesión á cidade do Premio Nacional de Patrimonio.
O acto tivo lugar no Auditorio de Caixanova.

Monday, February 25, 2008

Preestrea de Eu quero ser Maradona



Publicación no Diario de Pontevedra (fotografía de David Freire)da preestrea de Eu quero ser Maradona en Monte Porreiro da oitava montaxe da ATM de Pontevedra
Posted by Picasa

Saturday, February 16, 2008

Participantes na recreación da Botica de D. Perfecto Feijoo 2008

 

 
Posted by Picasa


A ATM agradece a colaboración de persoas vencelladas ao Centro Cultural de Monte Porreiro na recreación da Botica de D. Perfecto Feijoo. En especial, a Tegra Pino.