Sunday, June 12, 2005

Aula Teatro Pontevedra

Aula Teatro Pontevedra

a vinganza Reinosa Posted by Hello

a vinganza do Padre Cu - Pontevedra Posted by Hello

a vinganza do Padre Cu A Coruña Posted by Hello

programa o mellor david lopez Posted by Hello


o mellor dos mundos 01 Posted by Hello

a vinganza do Padre Cu 2004 Posted by Hello

a vinganza do Padre Cu - escenografia Posted by Hello

Obra 2004/05

A Caída do Conselleiro

A Caída do Conselleiro de A. Lourido narra os últimos acontecementos relacionados coas xentes do imaxinario pobo de Visanta, consternadas pola sorprendente e sospeitosa morte do Conselleiro Josito cando ía inaugurar o segundo hipermercado da vila. O inspector Carvallo investiga o caso e tentará coñecer se a morte do político foi un casual accidente ou un homicidio. No proceso de investigación e ó través das declaracións dos veciños de Visanta saen á luz os negocios, as relacións e as perversións do defunto e dos seus veciños.
Dentro da liña de montaxes anteriores, este quinto espectáculo da Aula de Teatro Municipal de Pontevedra (ATM) propón unha trama divertida e caracterizada pola crítica social. A caída do Conselleiro é unha montaxe centrada na palabra e a posta en escena procura unha proposta simbólica e minimalista.
Máis de vinte integrantes da ATM colaboran neste espectáculo coral. O reparto artístico está composto por nove intérpretes con idades comprendidas entre os vinte e os cincuenta anos.
A montaxe acadou o primeiro premio no I Certame de Teatro de Campo Lameiro (Pontevedra).

Breve historia da ATM de Pontevedra
A ATM nace no ano 2000 e dende entón ven presentando unha montaxe anual. A primeira foi Cousas baseada en textos de Alfonso R. Castelao. No ano 2001, con Un millón de vacas, elaborado a partires de textos de Manuel Rivas, acadou os principais premios no Certame Nacional de Teatro de Reinosa e no Certame de Cabana de Bergantiños. E O mellor dos mundos, baseado en relatos de Quim Monzó, logrou a selección para o Certame Nacional de Teatro de Villacañas 2003 e tódolos premios do Certame de Teatro de Laxe. No 2003, presentou A vinganza do Padre Cu, espectáculo coral cun reparto composto por catorce actores e que foi seleccionado para participar no Certame Nacional de Teatro de Reinosa e na Mostra de Teatro Independente (A Coruña).

vacas01 Posted by Hello

Aula Teatro Municipal de Pontevedra

Benvidos á blog da Aula de Teatro Municipal de Pontevedra. Desde aqui imos ir comentando as actividades que realizamos durante todo o ano.
O noso correo electrónico é : atmanxo@gmail.com