Monday, February 25, 2008

Preestrea de Eu quero ser Maradona



Publicación no Diario de Pontevedra (fotografía de David Freire)da preestrea de Eu quero ser Maradona en Monte Porreiro da oitava montaxe da ATM de Pontevedra
Posted by Picasa

Saturday, February 16, 2008

Participantes na recreación da Botica de D. Perfecto Feijoo 2008

 

 
Posted by Picasa


A ATM agradece a colaboración de persoas vencelladas ao Centro Cultural de Monte Porreiro na recreación da Botica de D. Perfecto Feijoo. En especial, a Tegra Pino.

Tuesday, January 08, 2008

Pre-estrea de Eu quero ser Maradona

O domingo 24 de febreiro terá lugar no Centro Cultural de Monte Porreiro a pre-estrea do último espectáculo da Aula de Teatro Municipal de Pontevedra. Baixo o título de "Eu quero ser Maradona" e baseado en textos do dramaturgo hispano-arxentino Rodrigo García, a ATM presenta divertidas escenas que reflicten unha sociedade que sobrevive entre o caos.

Participación no Entroido 2008

Como en anos anteriores, a ATM participará do Entroido de Pontevedra cunha recreación ambiental arredor da Botica de Don Perfecto Feijoo na Praza da Peregrina. Será o seis de febreiro ás sete da tarde.

Sunday, December 09, 2007

Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2008

A Aula de Teatro Municipal de Pontevedra vai participar no acto oficial de inauguración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2008 o próximo domingo 27 de xaneiro no Pazo da Cultura.
Dentro da temática escollida nesta edición para o Salón referente ao mar, a ATM vai recrear unha abordaxe pirata.