Tuesday, January 08, 2008

Pre-estrea de Eu quero ser Maradona

O domingo 24 de febreiro terá lugar no Centro Cultural de Monte Porreiro a pre-estrea do último espectáculo da Aula de Teatro Municipal de Pontevedra. Baixo o título de "Eu quero ser Maradona" e baseado en textos do dramaturgo hispano-arxentino Rodrigo García, a ATM presenta divertidas escenas que reflicten unha sociedade que sobrevive entre o caos.

Participación no Entroido 2008

Como en anos anteriores, a ATM participará do Entroido de Pontevedra cunha recreación ambiental arredor da Botica de Don Perfecto Feijoo na Praza da Peregrina. Será o seis de febreiro ás sete da tarde.

Sunday, December 09, 2007

Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2008

A Aula de Teatro Municipal de Pontevedra vai participar no acto oficial de inauguración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2008 o próximo domingo 27 de xaneiro no Pazo da Cultura.
Dentro da temática escollida nesta edición para o Salón referente ao mar, a ATM vai recrear unha abordaxe pirata.


Thursday, August 16, 2007

Aula de Teatro Municipal de Pontevedra

Podedes contactar coa ATM a través do teléfono : 667.679.439
ou do correo electrónico atmanxo@gmail.com

Aula de Teatro Municipal de Pontevedra

Podedes contactar coa ATM a través do teléfono : 667.679.439
ou do correo electrónico atmanxo@gmail.com

Monday, May 14, 2007

Novo espectáculo: Eu quero ser Maradona

A ATM de Pontevedra comezará a finais do mes de maio a súa nova montaxe, Eu quero ser Maradona, baseada en textos do autor hispano-arxentino Rodrigo García. O reparto está composto por quince actores.

Friday, May 04, 2007

Participación en Culturgal

A Aula de Teatro Municipal de Pontevedra participará coa escenificación dun pequeno texto de Manuel Rivas na Feira Culturgal que se celebra en Pontevedra entre o 10 e o 13 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.