Monday, May 14, 2007

Novo espectáculo: Eu quero ser Maradona

A ATM de Pontevedra comezará a finais do mes de maio a súa nova montaxe, Eu quero ser Maradona, baseada en textos do autor hispano-arxentino Rodrigo García. O reparto está composto por quince actores.

Friday, May 04, 2007

Participación en Culturgal

A Aula de Teatro Municipal de Pontevedra participará coa escenificación dun pequeno texto de Manuel Rivas na Feira Culturgal que se celebra en Pontevedra entre o 10 e o 13 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Saturday, March 03, 2007

Cartel de Lixo - autor : David López

Actuación da ATM

O espectáculo Lixo será representado nas seguintes datas:

Sábado 24 de febreiro: 20 h. - Centro Cultural O Salgueiral (Bora)-Pontevedra

Domingo 4 de marzo: 19 h. - Casa da Cultura de Marcón - Pontevedra

marzo: Concello de Sada (A Coruña). Seleccionados pra participar no III Certame de Teatro Lugrís Freire. Finalmente, a actuación tivo que suspenderse por un erro de programación (asumido pola propia organización da Mostra)

Domingo 29 de abril: 20 h. - Teatro Principal de Pontevedra

Sábado 9 de xuño: 21 h. - Auditorio de Vilagarcía de Arousa

Recreación da Botica de P. Feijoo. (Faro de Vigo)

Posted by Picasa

Tuesday, November 07, 2006


Publicado no Diario de Pontevedra (5/11/06) Posted by Picasa

Sunday, November 05, 2006

Fotos dende o público da estrea de Lixo no Teatro Principal de Pontevedra


Chon (Alexandra Vicente) - Mireia (Ana Piñeiro) - Touza (Clementina Formariz) - Sibila (Bibi Piñeiro) - Blasa (Sonia Abollo) Posted by Picasa

Touza (Clementina Formariz) e Chon (Alexandra Vicente) Posted by Picasa

Escena entre Caruncho (Alberto Mart�nez) e Blasa (Sonia Abollo) Posted by Picasa

Gonzalves (Luis Ángel Gómez) e Sibila (Bibi Piñeiro) Posted by Picasa

Monday, October 30, 2006

Lixo

Sibila ten un quiosco; Chon, un bar. Montaron os seus negocios na nova urbanización.

Alí mercou un piso Blasa. Ela procura na mística o que Caruncho, o do 3ºA, non atopa na liña telefónica.

Rodeiro ten dous fillos, dous coches, unha muller, un apartamento en Málaga e unha amante. Gonzalves envexa a sorte de Rodeiro pero Rodeiro non sería quen sen Gonzalves. Os dous comen unha hamburguesa mentres falan de mulleres.

Izascu e Mireia son mulleres. Izascu ten un can e unha chea de romaneses na casa. O que tén Mireia é unha veciña que fai top less diante dos cativos.

Con pechar un ollo, Antolín quere ser o novo Tarantino artístico. Touza mirao e move o seu caxato. Sabe que a arte é só un concepto moderno e indefinido. Como o lixo.

Porque se cadra aínda non se decataron, pero todos viven no lixo. E as gaivotas aterran pra tentar sobrevivir entre as preas.

Reparto

Sibila: Bibi Piñeiro - María Meijón

Blasa: Sonia Abollo

Chon: Alexandra Vicente

Izascu: Carmen Díaz

Mireia: Ana Piñeiro

Touza: Clementina Formariz

Caruncho: Alberto Martínez

Gonzalves: Luis Ángel Gómez

Rodeiro: Manuel Chapela

Antolín: Julio C. Piñeiro

Equipo técnico

Deseño e realización de:

Cartelería e programas: David López

Vestiario: Vanesa Collazo

Iluminación: Ledicia Seoane

Dirección: Anxo Lourido

Wednesday, October 11, 2006

Estrea de Lixo

Publicado en La Voz de Galicia

Aula Teatro Municipal Pontevedra

O sábado catro de novembro, a ATM estreará no Teatro Principal de Pontevedra o novo espectáculo: Lixo.

Sinopse: Durante as últimas semanas, o servizo de recollida de lixo non pasa pola nova zona residencial da cidade. Os veciños agardan unha solución mentres un monte de residuos vai medrando as súas costas. Lembran Bens?

Wednesday, September 13, 2006

Feira Franca 2006

Na edición deste ano da Feira Franca, membros da ATM participaron como un grupo de leprosos que percorrían as rúas na procura de comida.

Sunday, May 28, 2006

Vindeira actuación da ATM de Pontevedra
A Caída do Conselleiro
Sábado 10 de xuño ás 21 h. no Local Social de Combarro (Poio)
Acto organizado por Vides Novas que colaborou coa ATM na montaxe de rúa Glub durante a Festa do Río